Buscar
..:: Páxina de Inicio » Publicacións ::.. Rexistrarse  Entrar
 Publicacións Minimizar

 

 

I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA

I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA

 

Editado por Fuco Buxán, A.C.

Compilación: Rosa Méndez Fonte.

 

 O principal obxectivo desta obra é profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor e galeguista comprometido con Galicia e a súa cultura dende os seus tempos de adolescencia.
Consta de 260 páxinas e cerca de 100 ilustracións e fotografías relativas a Isaac e a súa obra, e recolle as intervencións dos participantes nas Mesas Redondas, do 9 e 23 deste mes, na Fundación Caixa Galicia: Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela.

 

 

 

 

 

As Mulleres na Filosofía01.jpg

 

AS MULLERES NA FILOSOFÍA

 

Inés Fernández Buján

 

Esta obra pretende tratar dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, o que os filósofos pensaron sobre as mulleres e, por outra banda, o que pensaron as mulleres cando accederon ao estudo da filosofía.

 

Baía Edicións / ISBN 84-96526-48-8

 

 

 

 

 

 

dicionario filosofía.jpg

DICIONARIO GALEGO DE FILOSOFÍA

 

Xosé Manuel Domínguez Prieto, Moisés Lozano Paz

 e Manuel Rivas García

 

Completo dicionario de filosofía con máis de 3000 entradas que inclúe termos de saberes afíns á filosofía, como as ciencias sociais, xurídicas, económicas, psicolóxicas e teolóxicas, e que contén referencias ós autores do pensamento universal e actual

 

Ed. tresCtres / ISBN 84-933588-9-4

 

 

 

 

 

 

 

arredverd.JPG

ARREDOR DA VERDADE

 

Guillermo Domínguez

 

Guillermo Domínguez recorre a un coidadoso e persoal exercicio de hermenéutica que lle leva a se enfrontar con textos (a veces, a penas frases) esenciais de Aristóteles, Schopenhauer, Platón, Hegel e Wittgenstein no seu camiño a dilucidar a “verdade”

 

Ed. Xerais / ISBN 84-9782-077-0

 

 

 

Pensamgalego.JPG

CRÓNICA VIVA DO PENSAMENTO GALEGO

 

Marcelino Agís Villaverde

 

Marcelino Agís propón como principal obxectivo desta obra levar ó gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa vida cultural desde o movemento priscilianista ata a actualidade

 

Ed. Igesco / ISBN 84-8288-441-7

 

 

 

 

nigratrea.JPG

CONTOS GALEGOS DE TRADICIÓN ORAL

Camiño Noia Campos

Esta colección de contos populares galegos ten interese  tanto para o lector que gusta da tradición oral, como para o estudoso dos valores etnográficos ou para o filólogo que aprecia as variantes da nosa lingua e descubre as grandes coincidencias entre os distintos pobos europeos e as peculiaridades propias do folclore galego. Son contos recollidos nos últimos anos do século XX, tal como están na memoria actual dos distintos informantes.

Ed. NigraTrea / ISBN 84-95364-16-6

 

 

 

fotobecerra3.jpg

 

MANUEL BECERRA, MINISTRO DAS COLONIAS

 

Luis Rodríguez Rodríguez

 

“Ninguén tivo tanta facilidade como el para o motín e  maila   subversión; ninguén, coma el, sentiu no seu sangue a enxurrada revolucionaria e o vivir democrático. Durante corenta e oito anos (1848-1896) mantivo acesa a chama da cultura e da liberdade” Extracto da introdución.

 

 

Edicións do Castro / ISBN 84-7492-897-4

 

 

 

 

PORTADA FOTO Sesenta gallegos ilustres.GIF

SESENTA GALLEGOS ILUSTRES

Francisco Fernández Del Riego

Trátase de sesenta artigos que Fernández del Riego, destacado galeguista, escribiu entre os anos 1956 e 1962 dentro dunha sección fixa titulada “Perfiles gallegos”, asinada cun dos seudónimos habituais do escritor, Cosme Barreiros. Entre outros, o autor fala de Vicetto, Castelao, o Conde de Gondomar, Xoán Montes, Diego Xelmírez, Villar Ponte, Domingo Fontán, Couceiro Freijomil ou Nóvoa Santos

Alvarelos Editora / ISBN 84-85311-21-3


  

Copyright - (c) 2008 Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro