Buscar
..:: Páxina de Inicio » Publicacións ::.. Rexistrarse  Entrar
 Publicacións Minimizar

 

Enciclopedia01.jpg

DICIONARIO ENCICLOPEDIA DO PENSAMENTO GALEGO

 

Coordinadores: Andrés Torres Queiruga  e Manuel Rivas García

 

A sección de pensamento do Consello da Cultura en colaboración con Edicións Xerais de Galicia propóñennos este dicionario do pensamento galego que recolle algúns dos máis senlleiros pensadores de Galicia así como unha visión temática que nos introduce nas múltiples influencias da filosofía na cultura galega

 

Ed. Xerais / ISBN 978-84-9782-883-3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA

I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA

 

Editado por Fuco Buxán, A.C.

Compilación: Rosa Méndez Fonte.

 

 O principal obxectivo desta obra é profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor e galeguista comprometido con Galicia e a súa cultura dende os seus tempos de adolescencia.
Consta de 260 páxinas e cerca de 100 ilustracións e fotografías relativas a Isaac e a súa obra, e recolle as intervencións dos participantes nas Mesas Redondas, do 9 e 23 deste mes, na Fundación Caixa Galicia: Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela.

 

 

 

 

 

As Mulleres na Filosofía01.jpg

 

AS MULLERES NA FILOSOFÍA

 

Inés Fernández Buján

 

Esta obra pretende tratar dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, o que os filósofos pensaron sobre as mulleres e, por outra banda, o que pensaron as mulleres cando accederon ao estudo da filosofía.

 

Baía Edicións / ISBN 84-96526-48-8

 

 

 

 

 

 

dicionario filosofía.jpg

DICIONARIO GALEGO DE FILOSOFÍA

 

Xosé Manuel Domínguez Prieto, Moisés Lozano Paz

 e Manuel Rivas García

 

Completo dicionario de filosofía con máis de 3000 entradas que inclúe termos de saberes afíns á filosofía, como as ciencias sociais, xurídicas, económicas, psicolóxicas e teolóxicas, e que contén referencias ós autores do pensamento universal e actual

 

Ed. tresCtres / ISBN 84-933588-9-4

 

 

 

 

 

 

 

arredverd.JPG

ARREDOR DA VERDADE

 

Guillermo Domínguez

 

Guillermo Domínguez recorre a un coidadoso e persoal exercicio de hermenéutica que lle leva a se enfrontar con textos (a veces, a penas frases) esenciais de Aristóteles, Schopenhauer, Platón, Hegel e Wittgenstein no seu camiño a dilucidar a “verdade”

 

Ed. Xerais / ISBN 84-9782-077-0

 

 

 

Pensamgalego.JPG

CRÓNICA VIVA DO PENSAMENTO GALEGO

 

Marcelino Agís Villaverde

 

Marcelino Agís propón como principal obxectivo desta obra levar ó gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa vida cultural desde o movemento priscilianista ata a actualidade

 

Ed. Igesco / ISBN 84-8288-441-7

 

 

 

 

nigratrea.JPG

CONTOS GALEGOS DE TRADICIÓN ORAL

Camiño Noia Campos

Esta colección de contos populares galegos ten interese  tanto para o lector que gusta da tradición oral, como para o estudoso dos valores etnográficos ou para o filólogo que aprecia as variantes da nosa lingua e descubre as grandes coincidencias entre os distintos pobos europeos e as peculiaridades propias do folclore galego. Son contos recollidos nos últimos anos do século XX, tal como están na memoria actual dos distintos informantes.

Ed. NigraTrea / ISBN 84-95364-16-6

 

 

 

fotobecerra3.jpg

 

MANUEL BECERRA, MINISTRO DAS COLONIAS

 

Luis Rodríguez Rodríguez

 

“Ninguén tivo tanta facilidade como el para o motín e  maila   subversión; ninguén, coma el, sentiu no seu sangue a enxurrada revolucionaria e o vivir democrático. Durante corenta e oito anos (1848-1896) mantivo acesa a chama da cultura e da liberdade” Extracto da introdución.

 

 

Edicións do Castro / ISBN 84-7492-897-4

 

 

 

 

PORTADA FOTO Sesenta gallegos ilustres.GIF

SESENTA GALLEGOS ILUSTRES

Francisco Fernández Del Riego

Trátase de sesenta artigos que Fernández del Riego, destacado galeguista, escribiu entre os anos 1956 e 1962 dentro dunha sección fixa titulada “Perfiles gallegos”, asinada cun dos seudónimos habituais do escritor, Cosme Barreiros. Entre outros, o autor fala de Vicetto, Castelao, o Conde de Gondomar, Xoán Montes, Diego Xelmírez, Villar Ponte, Domingo Fontán, Couceiro Freijomil ou Nóvoa Santos

Alvarelos Editora / ISBN 84-85311-21-3


  

Copyright - (c) 2010 Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro