Un dos obxectivos da A.E.F. Doutor Castro é o que atinxe á didáctica da filosofía. Neste apartado, e á espera de formar un grupo de traballo solvente composto por profesionais do ensino secundario que nos permita crear recursos educativos de maior calado, pódese acceder a materiais didácticos complementarios que podan ser útiles para tarefas de apoio da actividade docente.
O carácter dinámico do ensino e a extensísima diversidade do alumnado galego esixe un importante esforzo de adaptación de tódolos materiais didácticos. Por isto, lonxe de pretender que o material ofertado nesta web sexa o mellor dos posibles, someterémolo a unha constante labor de actualización, ampliación e mellora. Para acadar isto convidamos ós profesores e profesoras de ensino secundario a facer as súas propias aportacións, ben sexa para mellorar o presente material de xeito que sexa efectivamente útil nas súas aulas, ben propoñendo novos materiais para uso e disfrute de toda a comunidade educativa galega.
Para promover melloras nos materiais ou para propoñer outros novos dirixirse a aefcastro@gmail.com