|
- O permiso expreso do autor ou autores para que a “A.E.F. Doutro Castro” publique o texto.
- Declaración na que se identifique o texto como “orixinal” ou “tradución”. No caso de ser unha tradución deberanse axuntar os datos bibliográficos do texto orixinal e unha copia da concesión dos dereitos de tradución á lingua galega do autor ou autores orixinais.
- Currículo do autor ou autores, enderezo permanente, teléfono de contacto e enderezo electrónico.
Resumo: o resumo figurará na primeira páxina do arquivo e non terá unha extensión superior ás 200 palabras.
Notas: as notas do título ou subtítulo do texto irán marcadas con asterisco. O resto irán numeradas consecutivamente. En calquera caso todas elas deberán ir ó pe de páxina e non ó final do texto.
Táboas, Figuras e Fotografías: As Táboas, co seu propio encabezamento, e as Figuras e Fotografías, cos seus propios pés, irán integradas no texto ou nun anexo ó final del segundo o criterio do autor ou autores. O número de Táboas, Figuras ou Fotografías corresponderá determinalo ó autor ou autores, en calquera caso o arquivo completo non excederá nunca dos 2,5 Mb.
Referencias bibliográficas:
1) Integradas no texto: a referencia completa aparecerá na lista bibliográfica final: «Apelidos (ano, páx. 356-357)»
2) Como nota ó pé:
a) Libros: APELIDOS, Nome: Título do libro. Lugar, Editorial, ano.
b) Artigos en revistas: APELIDOS, Nome: “Título”, en Revista, Tomo XI (ou, no seu caso: Nº 45), ano, páx. 345-456.
c) Capítulos de libros: APELIDOS, Nome: “Título do capítulo”, en Título do libro, Lugar, Editorial, ano, páx. 345-456.
A lista bibliográfica final ordenarase alfabeticamente polo apelido do autor e, no caso do mesmo autor, por orde cronolóxica. O estilo será o mesmo que o das notas.
Correción dos traballos: Se a Dirección da Asociación o considera oportuno o autor recibirá as probas de imprenta nas que non se admitirán cambios significativos do texto. A corrección farase nun prazo máximo de 15 días.
No seu caso, os autores poderán remitir, xunto ó escrito orixinal en galego, traducións ás linguas que estimen oportuno para unha maior accesibilidade dos internautas non galegos.
A A.E.F. Doutor Castro reserva para si o dereito de admisión e selección dos traballos presentados. A resolución que se adopte terá en todo caso carácter inapelable. A presentación de orixinais supón a aceptación das bases e resolucións que se consideren oportunas e a renuncia a calquera tipo de reclamación. |