Buscar
..:: Páxina de Inicio ::.. Rexistrarse  Entrar
 Ligazóns
  

 Publicacións

DICIONARIO ENCICLOPEDIA DO PENSAMENTO GALEGO

Enciclopedia02.jpg

A sección de pensamento do Consello da Cultura en colaboración con Edicións Xerais de Galicia propóñennos este dicionario do pensamento galego.

Outras publicacións...

  

 Biblioteca

Xa pode consultar a Biblioteca de Filosofía en galego elaborada pola Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro. Pinche aquí para facer as súas pescudas.

  

 Xogos

Pon a proba os teus coñecementos e habilidades. Preme aqui para ir á área de xogos de filosofía

  

Presentación  Presentación

   As numerosas lagoas na historia galega das ideas e a escasa presencia da filosofía no debate cultural contemporáneo fan preciso reivindicar a razón como instrumento emancipador e liberador, que faga fronte ó monopolio do pensamento único e que dote ó individuo de tódolos recursos necesarios para afirmarse a si mesmo e comprender a súa situación na sociedade. Trátase, en fin, de rescata-los valores ilustrados que tan ben representa, entre outros, o lugués Juan Francisco de Castro. Neste contexto nace a Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro, como un espacio multidisciplinar e aberto a tódalas propostas enriquecedoras do patrimonio filosófico e humanístico en Galicia.

   Para acadar isto, a A.E.F. Dr. Castro coordinará programas de investigación tanto en col de persoeiros ilustres do pensamento galego, como sobre cuestións de actualidade que susciten o interese social dentro do eido xeral das humanidades. Así mesmo promoverá conferencias, publicará artigos e fomentará calquera outra actividade encamiñada a divulgar valores e hábitos críticos.

   O empobrecemento destes valores ten o seu punto de partida na escasa presencia da filosofía e da ética no currículo da ensinanza secundaria e do bacharelato. Por mor disto a A.E.F. Doutor Castro traballará tamén no eido da pedagoxía, promovendo actividades que esperten o interese dos máis novos.

   Esta web está aínda en construcción á espera de converterse no que agardamos que sexa: un completo portal de filosofía en galego.

Biografía de Juan Francisco de Castro

  

 Artigos destacados

Autor: Luis Rodríguez Rodríguez   
Autor: Lois Rodríguez Cabana   
Autores galegos Viaxe arredor de Anxel Fole
Autor: Luis Rodríguez Rodríguez   




  

Directorio  Directorio


  

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Copyright - (c) 2009 Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro